Google
04/03/2010

       A ilusión era moita pero non puido ser. Achegámonos a Sar cos ánimos altos, desexando que o noso Obra conseguira unha vitoria que lles dese impulso, pero non foi así.

       De todos modos, foi un bo partido e no que puidemos dar boa conta do carisma e da boa fe dos xogadores obradoiristas. Stanic segue a ser un dos xogadores que máis tempo pasa na cancha, tras a lesiónde Fuente tocoulle a el bailar coa máis fea, e o fixo ben, coma sempre. Como non o imos a adorar. E que dicir de Kostas, amosou o seu lado máis humana na lesión de Fuentes, non perdeu detalle e foi un dos primeiros en botarlle unha man á hora de se levantar. Ademais, esperou pacientemente a súa saída á cancha, dándolle gracias ao seu Deus, característica incuestionable da súa fe. Ánimo Kostas, estamos contigo. Pola túa bondade e pola túa entrega en cada partido, virán tempos mellores, SEGURO.

       Por último, dicir que novamente os árbitros non estiveron moi acertados, xa sabemos que son humanos, pero xa está dando a sensación de que hai unha especie de "complot" para que o Obra non siga na ACB, agora ben, polo momento seguimos dependendo de nós mesmos. Esperamos e desexamos que os xogadores de Curro Segura volvan a ser os de hai uns meses.

MOITA SORTE RAPACES!!!

ESTAMOS CON VÓS!!!!